En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Entroido acéndese en terras de Manzaneda

O Fulión da Mourela p’acá iniciaba na noite do 9 de febreiro o seu percorrido polas aldeas cunha visita a Trabazos

Coa tradicional petición de permiso á entrada de Trabazos (Manzaneda) comezaba na noite do 9 de febreiro a primeira das saídas que realiza neste Entroido o Fulión da Mourela p’acá. Tras a resposta afirmativa do pobo anfitrión, os bombos, aixadas e cornas marcaban un intenso toque ao compás do cal danzaban as Mázcaras (dúas delas desta mesma localidade) nunha longa ronda pola aldea que se ía interrumpindo, de cando en cando, con paradas para coller folgos, tomar un grolo do viño agasallo dos veciños e tamén algún petisco doce ou salgado.

Ao completar o percorrido por Trabazos, os anfitrións ofrecían un convite-cea aos visitantes, que agradecían en verso este detalle, así como a boa acollida, e convidaban aos veciños de Trabazos a sumarse á seguinte saída do Fulión da Mourela p’acá.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close