CulturaCulturaEn portadaTempo de EntroidosÚltima hora

O Entroido arranca en Valdeorras cun desfile de folións en Vilamartín

Será na tarde do 9 de xaneiro e nel participarán media ducia de folións do oriente ourensán
Os bombos constitúen un dos elementos de referencia dos folións do oriente ourensán./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os bombos constitúen un dos elementos de referencia dos folións do oriente ourensán./ Foto: Carlos G. Hervella.

Comezan as primeiras saídas do ano do folión polos pobos do oriente ourensán. O calendario abrirase en Valdeorras cun encontro que se celebrará por vez primeira en Vilamartín. Se vén neste municipio valdeorrés non existe tradición de folións, veñen de sumarse a ela coa creación dunha nova asociación, que preside Begoña Vega Prieto.

Trátase da Asociación Folión Os Viticultores de Vilamartín que, en colaboración coa Asociación de Coveiros, están a organizar un desfile de folións para o próximo 9 de xaneiro ás cinco da tarde. Nel está anunciada a presenza de media ducia de grupos: o Folión de Penouta-Ramilo (Viana do Bolo), o Folión de Vilariño de Conso, o Folión da Veiga, o de Larouco e o dos Viticultores. O punto de partida do percorrido será a praza Rosalía de Castro, na zona vilamartinesa coñecida como A Rodeleira.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button