Entroido 2020Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Entroido de Barbadás vive o seu día grande cun festivo desfile de comparsas

O Concello repartiu máis de 5.700 euros en premios

 

Moitas foron as novidades do Entroido 2020 en Barbadás. Entre elas a recuperación da Cea de Comadres que levaba anos sen celebrarse, así como a celebración dunha festa e concurso de disfraces infantil o Luns de Entroido, tendo en conta o volumen de poboación infantil que existe en Barbadás.

Tamén foi novidoso o cambio de itinerario dos escolares do colexio O Ruxidoiro, que en lugar de ir dende o centro educativo ata a capela das Lamas, desfilaron pola avenida de Celanova ata o cruce coa rúa Porto do Río. Un cambio que propiciou que o desfile dos nenos fora máis vistoso e que a veciñanza e os pais puideran velo  con máis comodidade, segundo explican dende o Concello.

 

 

Na edición do desfile do Entroido de 2020 tamén se introduciron cambios nas categorías de participantes, creándose categorías especiais: ao deseño, á animación e á máis numerosa. Tamén se fixo unha redistribución dos premios, recibindo as mellores comparsas e carrozas 900 euros, as segundas clasificadas 700 euros e as terceiras 500.

De feito, o desfile celebrado na tarde do Martes de Entroido foi unha das actividades máis destacadas e chamativas do programa, cun total de 200 participantes entre comparsas, carrozas, individuais, tríos, parellas e infantís, ademais dos grupos musicais, procedentes de municipios como Cartelle, San Cibrao, Ourense, Coles ou Pereiro.

Dende as 16 horas, as principais rúas do concello enchéronse de cor, fantasía e humor. Ao rematar, os  premios do Entroido 2020 concedidos polo xurado foron os seguintes:

INFANTIL (6-9 anos):
1.- Monster Krakken (bono agasallo 200€)

INDIVIDUAIS:
1.- A árbore da vida (200€)

PARELLAS/TRÍOS:
1.- Bosque máxico (300€)
2.- Fantasía global (150€)
3.- Operación Conichas (100€)

COMPARSAS:
1.- O parque acuático do Cájome (900€)
2.- Ouren Park (700€)
3.- Colorinchos (500€)

CARROZAS:
1.- Curuxeiras (900€)
2.- El gran showman (700€)
3.- Os Lolailos A Quinta Estación (500€)

CATEGORÍAS ESPECIAIS:
ESPECIAL DESEÑO: La boda del año (200€)
ESPECIAL ANIMACIÓN: Piratas del caribe (200€)
MÁIS NUMEROSA: Gotham City (200€)

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button