OurenseÚltima hora

O Entroido de Laza, abordado nunha charla o 25 de maio en Xinzo

Terá lugar na sala central do Museo Galego do Entroido a partires das 19:30h. do vindeiro sábado

 

“Laza, Entroido milenario” é o título da charla que impartirán varios membros da A.C. enLAZAdos o vindeiro sábado 25 de maio ás 19:30h. na sala central do Museo de Galego do Entroido en Xinzo de Limia. Así Nerea Costa, Xacobo García e Cristian García explicaranlle en detalle aos asistentes como é o seu ancestral Entroido.

Esta conferencia será organizada pola Asociación A Pantalla, conxuntamente coa Asociación enLAZAdos.

Artigos relacionados

Back to top button