CulturaCulturaÚltima hora

O Entroido de Verín 2019 mantén o pregón o Domingo de Corredoiro

A presentación do programa tiña lugar no Concello na mañá do 4 de febreiro
Presentación do Entroido de Verín 2019 no Concello.

En Verín está xa todo preparado para recibir ao Entroido 2019. A programación oficial deste ano era presentada na mañá do 4 de febreiro polo alcalde, Gerardo Seoane, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza.

Somoza quixo destacar o carácter continuista do deseño da programación destes festexos, manténdose “firmes na potenciación e valorización do que consideramos que e a esencia e a identidade da nosa celebración, o entroido popular na rúa.”. Por outra parte, a concelleira de Festexos tamén confirmou que tras o “rotundo éxito” de acollida alcanzado o ano pasado ao programar o pregón do Entroido o Domingo de Corredoiro, este ano vólvese a apostar pola mesma fórmula. En canto ao orzamento, Diego Lourenzo explicou que os gastos son moi similares aos do ano pasado, ao redor das 100.000€.

 

Desfile de Cigarróns polas rúas de Verín./ Foto: Carlos Montero. Concello de Verín.

 

O alcalde pola súa banda, destacou que co obxectivo de que tanto veciños coma visitantes poidan gozar do Entroido sen que se poña en risco a súa saúde e integridade física, o Concello de Verín xa se encontra preparando o plan especial de seguridade do Entroido, “que este ano terá un importante reforzo no número de efectivos, contando coa participación de Policía Local de Verín, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, e coa colaboración da empresa Ambulancias Sil”.

Coma sempre, será o Xoves de Compadres (21 de febreiro) a data que marque o inicio do ciclo festivo en Verín, destacando xornadas como o Domingo de Corredoiro (24 de febreiro) coa concentración de Cigarróns na praza do Concello e a lectura do pregón; o Xoves de Comadres; o Sábado de Entroido co Bautizo do Cigarrón; e Domingo e o Martes de Entroido cos multitudinarios desfiles de comparsas e Cigarróns polas rúa de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button