ConcellosÚltima hora

O Entroido de Viana e a L Festa da Androlla xa teñen cartel

O traballo ganador do concurso convocado polo Concello é o titulado "Jaesdama Viana", presentado por Jaume Gubianas Escudé

Os membros do xurado, co alcalde de Viana e da concelleira de Cultura./ Foto cedida.

 

O Concello de Viana do Bolo vén de facer público o fallo do xurado do concurso de cartel para o Entroido 2020 e para a L Festa da Androlla nesta vila. O ganador desta edición é o traballo titulado “Jaesdama Viana”, presentado por Jaume Gubianas Escudé.

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, destacaba o “grande volume de obras e de grande calidade presentados ao concurso, un total de 42 carteis” e tamén lembra que “este ano o Concello, con motivo da 50 edición da festa da androlla, triplicou o premio para o gañador do cartaz anunciador. Este ano o premio é de 1500 €”.

O xurado estaba formado polo ourensán Xosé Lois “O Carrabouxo”, recoñecido e aprezado debuxante e humorista gráfico galego; Mónica Alonso, doutora en Belas Artes e artista plástica, e Mercedes Vázquez, fotógrafa.

 

Jaume Gubianas, autor da obra ganadora, sostendo o cartel.

 

“O cartel foi selecionado atendendo á súa creatividade para reflectir a meirande parte dos elementos propios e únicos do Entroido de Viana do Bolo. O xurado tamén entendeu que se lle debía dar unha mención especial ao cartel “Ferrete 2020″, pertencente a Roberto Castro Iglesias polo seu valor artístico e orixinalidade”, explica o rexedor vianés.

Secundino Fernández resaltaba, ademais da gran participación no concurso, o feito de que as obras chegasen dende “dende diversos lugares da península ibérica, o que dá unha idea do realce e da importancia deste concurso e tamén do interese que está a coller, ano tras ano, o Entroido de Viana do Bolo e o seu produto máis típico, a androlla. De feito, o gañador do concurso é un deseñador de Cataluña que non coñece Viana do Bolo en persoa e a mención especial tampouco ten relación con Viana”.

Imaxes cedidas.

O cartel “Ferrete 2020” de Roberto Catro Iglesias recibía ademais unha mención do xurado.

Artigos relacionados

Back to top button