ConcellosÚltima hora

O Entroido de Vilariño de Conso e de Manzaneda, en Fitur

Nesta mostra internacional poden verse figuras tradicionais desta celebración como o Boteiro, as Mázcaras ou as Pantallas, entre outras

 

Entroido tradicional ourensán tamén está na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra no recinto feiral de Ifema en Madrid ata o vindeiro 26 de xaneiro.

Así nesta feira poden verse figuras de referencia nesta celebración na provincia como o Boteiro de Vilariño de Conso, as Mázcaras de Manzaneda ou as Pantallas de Xinzo de Limia, entre outras doutros Entroidos declarados de interese turístico galego.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button