En portadaÚltima hora

O Entroido de Xinzo de Limia, declarado festa de interese turístico internacional

Pantallas no Entroido de Xinzo de Limia./ Foto: Carlos G. Hervella.

A celebración neste ano 2019 do Entroido de Xinzo de Limia xa lucirá nos seus carteis promocionais un novo recoñecemento: a declaración de festa de interese turístico internacional. Así se vén de facer público dende o Concello de Xinzo.

Na súa páxina web, o Concello de Xinzo de Limia publica unha carta remitida pola secretaria de Estado de Turismo do Ministerio de Industria Comercio e Turismo, Isabel María Oliver Sagreras, á directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, na que lle comunica a decisión de conceder ao Entroido de Xinzo de Limia o “Título honorífico” de Festa de Interese Turístico Internacional.

Esta nova tamén se lle comunicaba ao delegado do Goberno en Galicia e ao Concello de Xinzo de Limia.

Artigos relacionados

Back to top button