CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

O Entroido do Cabe e da Ribeira Sacra, nunha exposición en Pantón

Poderá visitarse ata o 6 de marzo no Hotel Iberik Augas Santas e estará acompañada doutras actividades complementarias

 

A partir do vindeiro 19 de febreiro poderá visitarse no Hotel Iberik Augas Santas, na localidade lucense de Pantón, unha homenaxe que rende homenaxe ao Entroido da Ribeira Sacra e do Entroido do Cabe, que a asociación Segredos de Pantón está a tratar de recuperar.

Dende o hotel quere darse “a coñecer a arraigada tradición do Entroido na zona” cun percorrido polas máscaras dos Volantes, Maragatos, Farrampláns e Vandebrancos, así como doutros elementos de valor como un molde para facer carautas de máis de 100 anos e un cinto de campanillas de máis de medio século.

A exposición, que terá lugar nas instalacións do hotel entre o 19 de febreiro e o 6 de marzo, foi posible grazas á colaboración de varias asociacións, principalmente a Asociación de amigos do Entroido Ribeirao de Chantada e Segredos de Pantón; O Colado do Vento de Sober; a Asociación de veciños de Vilachá de Salvadur e a Asociación de veciños de Salcedo, xunto coa Oficina de Turismo de Pantón.

Estará aberta ao público, aos clientes e visitantes do hotel.

Artigos relacionados

Back to top button