Galerías de fotosÚltima hora

O Entroido no CEIP do Bolo

O alumnado traballaba sobre máscaras tradicionais ourensás e ademais, xunto con profesores e pais, saían en folión pola vila o 1 de marzo

Alumnos, familias e docentes do CEIP do Bolo saían en folión o venres 1 de marzo para festexar no centro o Entroido e tamén animando as rúas da vila.  “Esta actividade foi a guinda dun proxecto interdisciplinar no que o alumnado do centro comezou a traballar semanas atrás e co que afondaron os seus coñecemento a sobre o entroido na provincia de Ourense, centrándose en oito figuras do entroido e coñecendo a súa historia, tradición e costumes ademais de tocar contidos de cada unha das áreas do currículo”, explican dende este centro educativo valdeorrés.

Ademais matizan que as oito máscaras nas que afondaron eran as dos Peliqueiros, Cigarróns, Pantallas, Irrios, Boteirod, Felos e Mázcaras de Manzaneda e Buxán, “sobre as que se creou o museo do Entroido” no centro, matizan.

Fotos: CEIP O Bolo

Artigos relacionados

Back to top button