En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Entroido ourensán no FIMI en Lisboa, en fotos

 

Das 36 tradicións que participaban no XII Desfile do Festival Internacional da Máscara Ibérica (FIMI), catro eran ourensás. Entre elas estaban o Folión de Vilariño de Conso, cos seus Boteiros, e tamén o de Viana do Bolo, que era ademais nesta edición, celebrada o 6 de maio na zona de Belém, o encargado de pechar a comitiva.

Tamén estaban presentes as Bonitas de Sande (Cartelle) e, por vez primeira, os Peliqueiros e os Parranfóns de Campobecerros. A representación galega completábase coas danzas das Madamas e dos Galáns de Vilaboa de Cobres (Pontevedra).

Nesta galería de imaxes poden verse algúns dos momentos deste desfile, incluído na programación do FIMI, e que rodeada a praça do Imperio.

 

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button