ConcellosTempo de EntroidosÚltima hora

O Entroido vianés quere ser de interese turístico estatal

Boteiros e folións de Viana do Bolo, no Domingo de Entroido./ Foto: Mónica G. Bellver.
Boteiros e folións de Viana do Bolo, no Domingo de Entroido./ Foto: Mónica G. Bellver.

O Concello de Viana do Bolo traballa para obter o recoñecemento de interese turístico estatal para o seu Entroido. Facíao público o seu alcalde, o nacionalista Secundino Fernández, na mañá do 17 de marzo, durante a visita que realizaba a este concello ourensán a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

“Estamos preparando a documentación para solicitar esta declaración estatal e despois tamén como Ben de Patrimonio Inmaterial, algo que tamén forma parte do proceso”, comentaba Secundino Fernández. O Entroido vianés, xunto coa Festa da Androlla, xa conta dende hai anos co selo de festa de interese turístico galego.

Hai xa outros Entroidos ourensáns que xa contan con este recoñecemento español como é o caso do de Xinzo da Limia e Verín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close