ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O “Entrudio” de Viana do Bolo estreará web oficial

Presentarase o venres 21 de maio na Casa da Cultura, tal e como vén de anunciar o Concello

Boteiro de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A tradición, a historia, os personaxes, os rituais, os días principais, xunto con imaxes e informacións. Todo o referente ao “Entrudio de Viana do Bolo” reunirase nunha nova páxina web oficial que se presentará o vindeiro 21 de maio na Casa da Cultura de Viana do Bolo, o acto de presentación da web oficial do Entrudio de Viana do Bolo.

“Con esta acción, dende o Concello de Viana do Bolo pretendemos dar a coñecer todo o referente ao que é considerado un dos Entrudios máis antigos de Galicia”, tal e como destacan dende esta administración local.

O aforo ao acto estará limitado segundo a normativa vixente (o acceso por orde de chegada) e no acto gardarase tamén a normativa sanitaria fronte ao Covid.

 

Artigos relacionados

Back to top button