DeportesÚltima hora

O Envialia FSF exhibirá a Copa da Raíña dende o balcón principal do Concello

As campioas foron recibidas hoxe, 14 de xuño, polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez
O equipo xunto a Jesús Vázquez.

O Concello de Ourense abrirá o balcón principal para que a cidadanía reciba o luns,19 de xuño, ás campioas da Copa da Raíña de España 2017, o Envialia FSF. Ao tratarse dun logro deportivo de primeirísimo nivel, e logo de moitos anos sen que a Praza Maior vivise un acontecemento semellante, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, propúxolle ás integrantes do equipo esta posibilidade.

Así, no transcurso da recepción ás flamantes campioas de España que tivo lugar esta mañá, acordaron a data e hora as integrantes do equipo de fútbol sala co alcalde, Jesús Vázquez, quen recalcou que “o logro que acadastes é algo que debería contaxiar de alegría e ilusión a toda a cidade, e por eso o Concello ponse á vosa disposición para que poidades compartir o voso triunfo con todos os veciños e veciñas de Ourense”.

O Concello de Ourense convida á cidadanía o vindeiro luns, 19 de xuño, a Praza Maior, para dar a calorosa benvida ás integrantes do Envialia Fútbol Sala Feminino a partires das 20:00 horas, hora na que sairán a amosar a súa Copa da Raíña 2017 no balcón principal do Consistorio.

Artigos relacionados

Back to top button