DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Épico Parteme-Pía Paxaro celebrarase o 20 de xullo polos montes de Quiroga

Trátase dunha ruta en bicicleta de montaña para desfrutar do compañeirismo e da amizade

Co obxectivo de desfrutar dunha xornada de bicicleta e montaña, nun ambiente familiar no que, por riba de todo, priman o compañeirismo e a amizade, nacía hai catro anos o Épico Parteme Pía Paxaro. Trátase dunha fermosa ruta proposta por Celes González, un veciño de Quiroga residente en Santiago e amante do mundo da bicicleta dende neno.

Membro do Tambre Bike de Oroso, Celestino ten estado en moitas probas de montaña (Monegros, 101,…) ata que un día ocorreuselle organizar unha para os amigos e coñecidos, polas fermosas paraxes do sur de Lugo. “O primeiro ano fomos 6 ou 7, ao seguinte 10-12, o ano pasado 15-16 e agora andamos polos 20. Moitos repiten, outros van cambiando, pero somos sempre un grupo de amigos, mantendo ese espírito co que nacía”, di Celes, lembrando que só se pode acceder mediante “invitación persoal”.

 

Medalla para os que acaban a ruta.

Malia que noutras edicións a ruta celebrábase no mes de agosto, este ano decidían adiantala e está prevista para o vindeiro sábado 20 de xullo con saída en torno ás 8:30h. dende a vila de Quiroga, para subir ata Parteme (pobo de Celes onde haberá un avituallamento) e coroar o Pía Páxaro, o monte máis alto da comarca a 1.640m, con xantar na cantina O Foguete de Pacios da Serra. Un percorrido total duns 75km non exento de dureza. “Pola mañá fanse entre 45 e 50, o que é a subida, e pola tarde o resto que xa é baixa e máis doado, para rematar de novo en Quiroga”, explica Celes adiantando que este ano contan con nova equipación grazas aos patrocinadores, de Quiroga, Monforte e Santiago.

 

A nova equipación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button