CulturaCulturaSen categorizar

O equipo de “A Esmorga”, en Petín

Karra Elejalde, Morris e Miguel de Lira viron xunto ao director Ignacio Vilar a primeira montaxe do filme
Os membros do equipo de "A Esmorga", en Petín./ Foto: Mónica G. Bellver
Os membros do equipo de “A Esmorga”, en Petín./ Foto: Mónica G. Bellver
Karra Elejalde con Ignacio Vilar e co alcalde de Petín, Miguel Bautista. Foto: Mónica G. Bellver
Karra Elejalde con Ignacio Vilar e co alcalde de Petín, Miguel Bautista. Foto: Mónica G. Bellver

Despois de meses de rodaxe, o equipo de “A Esmorga”, a nova longametraxe do director Ignacio Vilar, baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, comezaba en Petín o proceso de montaxe.

E para ver o primeiro resultado, ata a localidade valdeorresa se desprazaba o sábado 10 de maio parte dos integrantes do equipo técnico e actores. Entre eles, os tres protagonistas: Karra Elejalde (“Ocho apellidos vascos”), Miguel de Lira e Morris.
Tras ver a primeira montaxe do filme no Teleclub de Petín e intercambiar sensacións, consellos e ata críticas, así como un pequeno paseo entre viñas, xuntos compartirían un xantar con produtos da terra na casa dos Canarios.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button