DeportesÚltima hora

O equipo de Iván, Aitana e Arlet, campións do torneo 3×3 universitario de voleibol mixto, en Ourense

Na competición participaron 21 xogadores e rematou hoxe, despois de cinco meses de liga

Hoxe, luns 12 de marzo rematou coa disputa da final e do 3º e 4º postos, a liga de 3×3 universitaria de voleibol mixto en Ourense. Un campionato que comezaba hai case 5 meses, xogándose todos os luns ao mediodía.

A competición, na que participaron 21 xogadores, foi moi igualada entre os dous primeiros equipos da liga: o formado por Iván, Aitana e Arlet e o de Rubén, Tania e Clara, marcando a diferenza en todo o campionato chegando ata os cruces igualados de vitorias, aínda que foi o equipo de Iván o primeiro da liga, despois de enfrontarse en semifinal ao equipo de Sara, Santiago e Nuria que non tivo nada que facer. Na outra semifinal, o equipo de Rubén enfrontábase ao de Borja, Cristina e Agus, impoñéndose o primeiro sen cometer erros, tras un partido igualado.

Na loita polo 3º e 4º possto, o equipo de Sara, Nuria e Santiago impúxose ao de Borja, Agus e Cristina quedando terceiro neste ano de competición. E xa na gran final entre os dous equipos que quedaron primeiros durante a liga, o encontro comezou moi igualado con puntos longos e traballados por ambos planteis pero chegados ao ecuador o equipo de Iván, Aitana e Arlet conseguían unha vantaxe que souberon manexar gañando o primeiro set. O segundo set foi un espello, cos dous equipoa igualados ata o punto 14-14 cunha mala racha do equipo de Rubén que os levou a perder o set e o encontro.

Despois de cinco meses de competición Iván, Aitana e Arlet proclamábanse campións desta edición do torneo 3×3 de voleibol, logrando o obxectivo que non era outro que “todo o mundo gozase do voleibol” esperando por parte de Deportes do Campus de Ourense “volver repetir o nivel deste ano e seguir fomentando este deporte de voleibol”.

Artigos relacionados

Back to top button