CulturaCulturaÚltima hora

O equipo de “Volando voy”, instalado na praia dos Franceses (A Veiga)

Nestes días estase a rodar na Veiga un dos programas da nova tempada deste programa de Cuatro

 

Na tardiña do pasado domingo, 21 de xuño, comezaban a chegar os camións da caravana do equipo de “Volando voy” de Cuatro, que nesta semana está gravar un dos programas da sexta tempada deste programa televisivo na que se apostará por impulsar a repoboación rural.

No caso do programa centrado na Veiga porase o foco nos seus espazos naturais de alta montaña, entre outras cuestións.

 

 

A caravana de “Volando voy” está instalada nunha das zonas da praia dos Franceses (preto das Chairas), onde tamén pode verso ao mítico helicóptero, que pilota Jesús Calleja, tal e como poden comprobarse nestas imaxes.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button