CulturaCulturaÚltima hora

O equipo do filme “María Solinha” visita a adega Gargalo en Verín

 

Unhas horas antes da estrea no autocine de Verín do filme “María Solinha”, dirixido polo valdeorrés Ignacio Vilar, o plantel de actores da película visitaba na tarde deste domingo a adega Gargalo, de Roberto Verino, acompañados, entre outras persoas, polo alcalde verinés, Gerardo Seoane.

O director do filme “María Solinha”, Ignacio Vilar, afirmou que a súa visita ás instalacións de Adegas Gargalo quere exemplificar “o seu compromiso cos viños de Monterrei e os de toda Galicia, nun momento en que todos temos que reinventarnos, como facemos nós coa aposta que lidera Verín polos autocines”. No viño, afirmou Vilar, “Roberto Verino é pioneiro na promoción do enoturismo e dos viños de Monterrei, e queremos ser os primeiros en brindar con el por iso”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close