CulturaCulturaEducaciónSen categorizar

O equipo do IES Lauro Olmo, campión do Rallye Matemático sen Fronteiras 2014

Os oito estudantes do Barco gañaron na final de 3º da ESO en Toulouse (Francia)
Alumnos do IES Lauro Olmo participantes na proba internacional.
Alumnos do IES Lauro Olmo participantes na proba internacional.

O centro barquense está de noraboa ao contar coa vitoria do seu equipo matemático na proba internacional. Eva Rodríguez, Garazi Rodríguez, Sergio Rodríguez, Damián Vázquez, Candela Novo, Juan Luis Méndez, Miguel Sánchez e Mario Vidal. Son os oito alumnos do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, que na mañá do 23 de maio se proclamaban campións na súa categoría (3º da ESO) do Rallye Matemático e Científico sen Fronteiras 2014.

A actividade na que levan traballando dende comezos de curso, estivo coordinada pola profesora Isabel Álvarez do departamento de matemáticas do centro, coa colaboración da tamén profesora Pilar Rodríguez.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button