DeportesEn portadaÚltima hora

Os equipos masculino e feminino do Adas, campións galegos de cross en categoría absoluta

Por relevos, o Adas facíase co subcampionato nesta competición galega de campo a través de 6 km

Publicidade
Equipo feminino absoluto do Adas do Barco no Campionato galego de campo a través./ Foto: FGA.

 

O Club Adas do Barco vén de revalidar o título de campión galego na categoría absoluta feminina absoluta no Campionato Xunta de Galicia de campo a través celebrado neste domingo 7 de novembro en Pontevedra

Así, o conxunto feminino valdeorrés (formado por Esther Rodriguez Díez, Susana Arrúa Carrasco, Loreto Pacho Pastrana, Raquel Miro García, Antía Rodríguez Abad e Elena Ledo López) sumaba un total de 18 puntos, facéndose deste xeito co título autonómico nesta carreira duns 6 km. O mellor resultado do Adas na proba a nivel individual viña da man de Esther Pedrosa, cun segundo posto e unha marca de 20:48. O subcampionato feminino por clubs correspondíalle ao Ourense Atletismo (con 31) e no terceiro o Club Deportivo Pinarium (con 55).

 

O equipo masculino absoluto do Adas./ Foto: FGA.

 

Ademais, o Adas colleitaba outro título neste campionato, desta volta do equipo masculino absoluto, no que competían Iván Roade, Alejo Are, Akka Essaadaoui, Víctor Alonso, Alfonso Mendoza e Jonatan Díaz Cuervo. Sumaban un total de 20 puntos, quedando por riba do Ourense Atletismo (subcampión galego) con 33 e do SD Compostela con 42.

Os atletas do Adas mellor situados na clasificación absoluta masculina eran Iván Roade, terceiro, e Alejo Ares, cuarto.

 

Un dos atletas do Adas recollendo o trofeo no galego absoluto de cross por equipos masculino./ Foto: FGA.

 

Así mesmo, o Adas quedaba segundo nos relevos mixtos. O equipo valdeorrés nesta proba estaba integrado por Esther Rodríguez, Jonathan Díaz, Loreto Pacho e Alejo Ares.

 

O equipo por relevos do Adas quedaba segundo no campionato galego./ Foto: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button