DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O equipo feminino do Adas proclámase subcampión de España nos 10 km en ruta

Nesta competición, que se desenvolvía en Santander, tamén se subía ao podio José Manuel Fdez, cun bronce en M-45

Destacados resultados valdeorreses no Campionato de España de 10 km en ruta que desputaba o 21 de maio. O Club Adas Proinor conseguía facerse co subcampionato por equipos absoluto feminino nesta cita que se celebraba en Santander. O equipo estaba formado por Ester, Iría, Sandra e Leticia.

Ademais o club destaca, no apartado individual, o bronce de José Manuel Fernández en M45, o cuarto posto absoluto de Ester Navarrete e o sexto de Iria Fernández en W35. O equipo de veteranos (Iván Fdez, Marco, Gilberto e Pepe Marquez) lograban un cuarto posto en M35, segundo vén de facer público o Adas.

O club tamén resalta a “tremenda humidade” coa que realizaba a competición, o que supuxo “que moitos participantes tiveran que abandonar”.

Fotos

Artigos relacionados

Back to top button