DeportesÚltima hora

O equipo feminino do Adas, clasificado para a Copa galega de clubs en pista cuberta

Esta cita autonómica de atletismo terá lugar o vindeiro 13 de xaneiro na cidade de Ourense

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de facer pública a relación provisional de clubs que tanto por clasificación directa, como por estadillo, están chamados a participar na XV Copa de Galicia de Clubs en pista cuberta, que se celebrará na cidade de Ourense o vindeiro día 13 de xaneiro.

“Serán un total de 8 entidades tanto femininas como masculinas as que tomarán parte nesta cita, das cales as catro primeiras clasificadas do pasado Campionato de Galicia de Clubs ao aire libre están seleccionadas de maneira directa. O resto de formacións foron escollidas de entre os que mellor puntuación obtiveron mediante estadillo de marcas da tempada 2017/2018 así como da tempada actual ata o 30 de decembro de 2018 (malia que os seus atletas ano 2018 pertenceran a outro club)”, segundo informa a federación galega.

Dentro da relación de clubs femininos figura a Asociación Deportiva Atlética do Sil (ADAS), xunto co Atletismo Femenino Celta, Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Atlética Lucense, Lucus Caixa Rural Galega, Riazor Coruña e C.A. Santiago (pedentes de posibles reclamacións).

No que se refire aos clubs masculinos, son os seguintes: Real Club Atletismo Celta, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, C.A. Santiago, C.A. Narón, Lucus Caixa Rural Galega, Atlética Lucense, Ourense Atletismo e A.Viguesa de Atletismo (pedentes de posibles reclamacións)

Establécese un prazo de reclamacións ata as 20:00 horas do día 9 de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button