DeportesÚltima hora

O equipo feminino do Adas faise coa prata no galego de probas combinadas por clubs

Podio feminino do galego de probas combinadas. Foto: FGA.

 

Expourense acollía tamén na pasada fin de semana o Campionato de Galicia de probas combinadas por clubs. O título autonómico lográbao a Escola Atlética Lucense cun equipo formado pola propia Lucía Sánchez, así como por Emma Sihuang e por Natalia Alvarez. Xunto elas compartiron podio as formacións do Adas do Barco (integrado por Mónica Yáñez, Celia Fernández e Aldara Basteiro), cun segundo posto, e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, terceiras.

Récord galego de Mónica Yáñez nos 60 valos

Na categoría masculina o máis salientable a nivel individual foron os récords galegos de Juan Bello de A Silva quen na M50 de heptathlon lograba un total de 4.553 puntos, ao igual que a valdeorresa Mónica Yáñez do Adas, quen facía o propio nos 60 valos W40 con 10.30. Por clubs masculinos, o Atletismo Narón sería o gañador desta edición na que compartiría podio xunto ao Millaraio e o Club Atletismo Sada.

 

Fonte: FAG.

Artigos relacionados

Back to top button