DeportesÚltima hora

O equipo feminino do Auriense FG confirma o cuarto posto na liga galega

Vencían ás do Pontevedra no penúltimo partido da competición

Con bastante afluencia de público, comezaba a tarde do 14 de abril no Campus Universitario de Ourense, co partido feminino e vitoria das rapazas do Auriense FG ante o Pontevedra 8-17(41)/3-18(27) que conseguíu “romper o partido a base de contragolpes ben finalizados”, explican dende o club ourensán que confirma así o 4º posto das rapazas a falta dun encontro de liga, contra Ártabras da Coruña.

En canto ao encontro masculino, correspondente a oitavos de final de Copa Galicia en formato 9 contra 9, “o partido foi moi similar ao xogado hai dúas semanas, nos que os aguantamos ata o descanso pero acabamos perderon debido ao baixón fisico”, explican dende Ourense. Ao final Auriense 3-7(16)/ Estrela Vermella 8-17(41), remantando a tempada para os rapaces, á espera de participar na Copa Shield e no Torneo Festas de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button