Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O equipo feminino do Auriense FG, no torneo internacional de fútbol gaélico celebrado en Santiago de Compostela

O club ourensán retoma hoxe os adestramentos, co inicio tamén da única escola universitaria de Galicia

O Campo Municipal das Cancelas, en Santiago de Compostela, acollía na tarde do 15 de setembro un torneo internacional de fútbol gaélico feminino que contou coa participación do Auriense FG.

Tal como explican dende o club, durante toda a xornada o conxunto ourensá tivo a oportunidade de xogar contra as campioas de liga (Fillas de Breogán da Coruña), as campioas de Copa (Estrela Vermella de Santiago de Compostela) e as campioas europeas e gañadoras do torneo, Belgium Legends. “Unha oportunidade para que as novas incorporacións se rodaran no xogo e para poñerse a punto para a nova tempada”, aseguran.

Malia a derrota nos tres encontros, dende o Auriense aseguran que “a experiencia certifica o bo momento que de novo está a vivir o fútbol gaélico na nosa comunidade, cun torneo de altísimo nivel fóra de Irlanda, a cuna do fútbol gaélico”.

O Auriense FG retoma hoxe os adestramentos, co inicio tamén da única escola universitaria de Galicia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button