DeportesÚltima hora

O equipo infantil de fútbol sala das EDM de Verín, campión da fase previa do campionato de España

As semifinais e a final disputaranse esta fin de semana en Almería
Equipo infantil de fútbol sala da EDC Verín.

Con tres vitorias (0-1 ante C.D. Tres Columnas; 1-3 ante Navalmoral; e 5-0 ante AD San Juan DKE), o equipo infantil de fútbol sala das Escolas Deportivas do Concello de Verín proclamábase campión da fase previa do campionato de España, celebrada en Ciudad Rodrigo (Salamanca).

Esta fase disputábase na fin de semana do 16 e 17 de xuño, e agora prepáranse para a seguinte, en Viator (Almería), na que, os campións de todas as fases previas realizadas, competirán para ver quen se proclama campión de España. O venres 29 de xuño, Verín xogará a semifinal contra El Pozo Murcia ás 18h. e a gran final terá lugar ao día seguinte, sábado 30 de xuño, ás 12horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close