DeportesNataciónÚltima hora

O equipo júnior do Sincro Ourense, entre os dez mellores de España de natación artística

O club ourensán participaba no Campionato de España Júnior e Sénior de Inverno celebrado en Valladolid

 

Con moi bo sabor de boca regresaba o equipo júnior do Club Sincro Ourense, do Campionato de España Júnior e Sénior de Inverno celebrado esta fin de semana en Valladolid, onde revalidaba a súa posición no “Top Ten Nacional”, cunha 9ª praza na clasificación xeral.

“Malia a situación que estamos vivindo, a constancia e adicación tanto das nosas nadadoras como das adestradoras viuse recompensada”, aseguran dende a directiva do club ourensán, destacando as potentes coreografías que presentaron en Valladolid. “Con gran dominio dos elementos obrigatorios e cunha remarcable execución, o noso equipo júnior demostrou que os clubs pequenos tamén teñen o seu lugar no alto da táboa”, din dende Ourense.

 

 

Reseñable é tamén o gran trabajo de Ana Moyano que se posicionou 10ª na modalidade de Só Técnico. “A súa traxectoria en natación ertística é máis que notable, sumando numerosos podios individuais a nivel autonómico e afianzando, tempada tras tempada, a súa posición entre as mellores de España”.

O equipo do Sincro Ourense adestrado por Marta Tardío, lograba ademais a 14ª posición en Dúo Técnico Júnior 1 para Rocío Blanco Vázquez e Ana Moyano Solís; a 22ª posición en Dúo Técnico Júnior 2 para Eva Rodríguez Rodríguez, Antía Touriño Lorenzo e Erea Lamas Acevedo (Reserva); a 14ª posición en Dúo Libre Júnior para Rocío Blanco Vázquez e Ana Moyano Solís; e a 10ª posición en Equipo Técnico e a 9ª en Equipo Libre Júnior para Rocío Blanco Vázquez, Erea Lamas Acevedo, Maria Molina Infante, Ana Moyano Solís, Blanca Moyano Solís, Elia Rodríguez Iglesias, Eva Rodríguez Rodriguez, Antía Touriño Lorenzo e Sarah Sánchez Pedrero.

 

Artigos relacionados

Back to top button