DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O equipo júnior feminino do MV Barco cae en casa ante o Celta

Trala derrota en Calabagueiros por oito puntos, as barquenses sitúanse no sétimo posto da clasificación

Moi intensa foi a xornada dominical do 15 de xaneiro no pavillón barquense de Calabagueiros, con seis partidos de baloncesto disputados entre as nove e media da mañá e as seis da tarde.

As primeiras en xogar eran as benxamíns do MV Barco, despois tocáballe o turno ao equipo alevín mixto e despois ao benxamín masculino. Os tres competían cos equipos correspondentes do Xuventude Verín. De seguido xogaba outro alevín mixto do MV Barco contra o do Val de Lemos e, xa rondando o mediodía, tocáballe o turno ao equipo sénior que se medía co U. Campus Ourense co resultado final de 53-58.

E xa pola tarde, era o equipo júnior feminino quen despregaba o seu xogo en Calabagueiros baténdose ao Celta Bosco. Ao final as viguesas levaban o partido e os puntos, superando por 40-48  ás barquenses que se sitúan no sétimo posto da clasificación . As imaxes da galería corresponden a este partido que comezaba ás cinco da tarde.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button