SanidadeÚltima hora

O equipo liderado polo oncólogo valdeorrés Rafael López, Premio ECO

A Unidade Mixta Roche-Complexo Hospitalario Universitario de Santiago vén de ser distinguida co galardón extraordinario á mellor iniciativa de colaboración público-privada en oncoloxía

O oncólogo valdeorrés Rafael López, tras recibir o Premio ECO./ Foto cedida.

 

A Fundación para a Excelencia e a Calidade da Oncoloxía entregaba este xoves 19 de setembro en Madrid os seus Premios ECO. Neste acto a Unidade Mixta Roche-Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), liderada polo doutor valdeorrés Rafael López (xefe do Servizo de Oncoloxía do citado hospital), recibía o premio extraordinario á mellor iniciativa de colaboración público-privada en oncoloxía.

Este equipo crea solucións innovadoras para a mellora da diagnose, o tratamento, a avaliación e a monitorización dos doentes de maneira individualizada. Céntrase no estudo de procesos metastásicos que dean lugar a tecnoloxías e produtos con aplicación clínica que melloren as expectativas da vida dos doentes.

Este proxecto, que conta co apoio da Xunta de Galicia, busca avanzar na oncoloxía de precisión afondando no coñecemento dos mecanismos moleculares que caracterizan aos tumores, especialmente nas etapas claves de desenvolvemento, evolución, control da diseminación tumoral e metástase no cancro de mama e próstata, coa finalidade de desenvolver ferramentas que axuden no manexo clínico dos doentes.

A este acto de entrega de galardóns tamén asistía o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que resaltou a importancia da colaboración público-privada para seguir logrando novos avances en innovación biotecnolóxica.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close