DeportesÚltima hora

O equipo masculino absoluto do Adas, bronce no campionato de España de 10 km Ruta

Alejo Ares lograba o mellor resultado individual do club, ao entrar no posto 12º cun tempo de 32:02
O atleta Alejo Ares, do Adas do Barco, nunha competición anterior./ Foto: A.R.

Nesta fin de semana o Club Adas do Barco engadía un novo podio español ao seu palmarés. Desta volta viña da man do seu equipo masculino absoluto, que competía o sábado 8 de xuño no XI Campionato de España 10 km Ruta, que se celebraba en Tudela.

O equipo valdeorrés que tomaba a saída na carreira estaba formado por Alejo Ares, Alfonso Mendoza, Jonatan Díaz e Juan Miguel Maillo. Lograban a terceira posición na proba e xuntos sumaban un tempo total de 1.36:48. O equipo vencedor do campionato era o SS. Reyes-CC. Menorca cun tempo total de 1:32:40, seguido polo C.A. Cárnicas Serrano con 1:33:54.

O mellor resultado individual do Adas viña da man do atleta de Sobradelo Alejo Ares, que completaba o circuíto nun tempo de 32:02 e que se clasificaba na 12ª posición.

Nesta proba nacional competían un total de 8 clubs de diferentes partes de España.

Artigos relacionados

Back to top button