DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O equipo masculino do Adas, subcampión de España en carreiras de montaña

Ademais Iria Fernández conseguía outro segundo posto na categoría feminina de máis de 35 anos

Rozaban a vitoria, pero finalmente facíanse co segundo posto absoluto na categoría masculina no XI Campionato de España de Carreiras de Montaña que tiña lugar o 24 de xuño en Molinaseca (León). Así Iván Cánovas, Alejo Ares, Iván Fernández e Marco Rodrigues, do Club Adas Proinor do Barco, convertíanse en subcampións de España nesta modalidade por equipos. En canto a resultados individuais, o mellor lográbao Iván Fernández, cuarto en veteranos de máis de 35 anos.

Na categoría feminina non houbo competición feminina, pero o Adas tamén acadaba podium. Así Iria Fernández era subcampiona na súa categoría (máis de 35 anos) e quedaba quinta na clasificación xeral.

Fotos cedidas polo Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button