DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O equipo masculino do Auriense FG comeza a liga cunha vitoria ante Ártabros

O equipo feminino fíxose coa 1ª Copa Empoderadas de fútbol gaélico celebrabda no marco da Romaría Feminista de Barbadás
Auriense FG de Ourense e Ártabros de Oleiros.

Esta fin de semana comezaba a tempada 2018/19 de fútbol gaélico galego coa disputa da primeira xornada do campionato ligueiro masculino no que este ano compiten 14 equipos (máximo histórico), o que dá mostra do crecemento deste deporte en Galicia.

Keltoi Vigo sitúase á cabeza da competición tras impoñerse a Cambados no partido que abriu o campionato. Estrela Vermelha é segundo tras vencer ao Dorna, seguido por Fillos de Breogán que superou ao Pontevedra FG. Os actuais campións, Irmandinhos, son cuartos tras gañarlle a domicilio a Mecos, mentres que Auriense (5º), tamén se estreou con vitoria ante Ártabros.

O enfrontamento entre os rapaces ourensáns e os de Oleiros estivo marcado polo vento, ben aproveitado polo combinado da Coruña para anotar por paus e contrarrestado de forma efectiva polo Auriense que se levou a vitoria grazas a súa efectividade de cara a porta rival. Finalmente a vitoria foi para o equipo da Cidade das Burgas, cun resultado final Ártabros 20 (02-14)-Auriense 27 (08-03). Na próxima xornada, os ourensáns enfrontaranse en casa as Mecos.

 

Auriense de Ourense, Irmandinhas de A Estrada e Keltoi de Vigo.

 

A liga feminina non comezará ata a última fin de semana do mes e o Auriense participaba na 1ª Copa Empoderadas de fútbol gaélico nas instalacións municipais de Oira. Un triangular no que tamén participaron as Irmandinhas de A Estrada e Keltoi de Vigo, aproveitando a Romería Feminista de Barbadás. O Auriense, gañando o primeiro partido igualado contra Keltoi, fíxose finalmente co Torneo vencendo con solvencia a Irmandinhas no partido final. Previamente, o equipo de A Estrada e de Vigo empataron nun vibrante enfrontamento. Unha xornada con bo ambiente onde as ourensás melloran en xogo e aspecto físico, cruciais para afrontar o comezo de liga.

Artigos relacionados

Back to top button