O equipo Paco Peluquero álzase co primeiro posto no VIII Maratón Vila de Viana Fútbol Sala

Esta actividade tiña lugar durante os días 9, 10 e 11 de agosto, no Pavillón Municipal de Viana do Bolo

 

O equipo gañador, Paco Peluquero.

 

O Pavillón Municipal de Viana do Bolo acollía os pasados días 9, 10 e 11 de agosto, a oitava edición do Maratón Vila de Viana Fútbol Sala. Aínda que participaban 12 equipos de distintos lugares como Verín, A Rúa, Trives ou Portugal, o primeiro posto foi para un dos equipos locais, Paco Peluquero.

Esta actividade, contou cunha gran afluencia de público durante as tres xornadas. Así, as semifinais tiñan lugar ás 16:00 e 17:00 horas do último día, entre os equipos Recreativo de Juerga e Trives, e entre Paco Peluquero e Bar América. Finalmente, pasaron á final, a cal se xogou ás 19:00 horas, Paco Peluquero e Recreativo Juerga, cunha victoria de 5-1 para os locais.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies