BaloncestoDeportesÚltima hora

O equipo sénior do MV Barco cae por 2 puntos ante o CB Escairón en Calabagueiros

 

Tras unha intensa fin de semana de competición na casa, con seis dos sete partidos previstos xogados no pavillón barquense de Calabagueiros, o equipo sénior do MV Barco disputaba na tarde deste domingo 16 de xaneiro o seu partido contra CB Escairón.

 

 

Os rapaces de José Luis e Patricia Gómez levaban seis partidos no que vai de liga na 3ª división masculina (con equipos de Ourense e Lugo) con outras tantes derrotas e, nesta xornada estiveron a piques de lograr a ansiada vitoria, aínda que finalmente acababan perdendo por só dous puntos, 47-49, ante o segundo clasificado, sumando a sétima derrota consecutiva.

 

 

O partido de volta ante o Celega Escairón disputarase na vindeira fin de semana en terras lucenses.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button