CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O escritor David Vázquez, de Arcos, ganador do Premio Neira Vilas de novela curta

Lográbao pola súa obra para nenos e adolescentes “Diario de Brian o chinés”
O escritor vilamartinés David Vázquez./ Foto: Carlos G. Hervella.
O escritor vilamartinés David Vázquez./ Foto: Carlos G. Hervella.

A primeira edición do Premio Xosé Neira Vilas de novela curta para nenos ou adolescentes vén de caer en mans dun autor valdeorrés. Trátase do mestre e escritor David Daniel Vázquez Álvarez, natural de Arcos (Vilamartín), que se presentaba a este certame coa obra “Diario de Brian o chinés”. O xurado do certame, formado por por Luís Reimóndez (presidente), Juan Andrés Fernández Castro, Rosalía Morlán, Armando Requeixo e Fernando Redondo Neira (secretario); decidía, por unanimidade, premiala.

No traballo presentado polo valdeorrés o xurado valoraba “a capacidade para transmitir un m undo de emocións gurgullante, protagonizado por adolescentes que deben enfrontarse a situacións problemáticas que cambiaron o rumbo dos seus días. A habelencia na arquitectura do relato, así como a calidade dos diálogos e a coidada caracterización dos personaxes fan deste texto unha historia apaixonante, que atrapa dende a primeira páxina”.

A entrega do premio tiña lugar en Gres (Pontevedra) o xoves día 3 de novembro, data que coincidía co nacemento do relevante escritor que dá nome ao premio.

Artigos relacionados

Back to top button