CulturaEducaciónÚltima hora

O escritor Fernando Méndez visita o CEIP Julio Gurriarán

O xornalista ourensán achegouse ata O Barco para falar do seu libro “Nunca guardes las cosas rotas”
O escritor Fernando Méndez co libro "Nunca guardes las cosas rotas". /Foto: Mónica G. Bellver.
O escritor Fernando Méndez co libro “Nunca guardes las cosas rotas”. /Foto: Mónica G. Bellver.

A visión dun neno de 10 anos durante a época da Guerra Civil a partires dunha foto rota que atopa un día na súa casa, unha fotografía na que aparecen el, a súa nai e un señor con moitas medallas, que parece ser moi importante pero o neno non sabe quen pode ser, cunha sucesión de circunstancias moi traumáticas para el. Diso trata “Nunca guardes las cosas rotas” obra do escritor e periodista ourensán, Fernando Méndez.

Fernando Méndez coa directora do CEIP Julio Gurriarán, Mª Luz Moldes. /Foto: Mónica G. Bellver.
Fernando Méndez coa directora do CEIP Julio Gurriarán, Mª Luz Moldes. /Foto: Mónica G. Bellver.

Un libro que está tendo moi boa acollida entre o público “teño lectores de tódalas idades porque é unha novela que curiosamente une xeracións. Pode lela perfectamente un neno a partires de 11-12 anos pero tamén os seus irmáns, os seus pais e incluso os seus avós porque trata un tema que hoxendía lembran como é a posguerra, que tamén viviron moitos pais e os propios cativos están a coñecer esa historia na propia pel dun neno, Sebas, que é quen fala. Penso que esa é a fortaleza que pode ter esta novela” explica o propio autor, que na mañá do 15 de abril achegábase ata o CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras para reunirse cos alumnos de 5º e 6º de Primaria que o recibiron con cadanseu libro na man. “O máis marabilloso que pode ter un escritor, é un encontro cos seus lectores e se son nenos moito mellor”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button