PolíticaÚltima hora

O escrutinio definitivo ratifica a perda da maioría absoluta do PP na Deputación

Para manterse no goberno provincial o Partido Popular tería que recurrir a pactos

Tres días despois da celebración do 26M, a revisión do escrutinio dos comicios municipais confirma que o PP perde a maioría absoluta na Deputación de Ourense por tan só un escano. Isto significa que para poder continuar ao fronte do goberno provincial, esta formación política tería que recurrir a pactos con outras forzas.

A Xunta Electoral de Zona de Ourense confirmaba esta mañá a composición do pleno da Corporación provincial: doce deputados do PP; nove do partido socialista; dous de Democracia Ouresana (DO); un para o BNG e outro para Ciudadanos, que entra por primeira vez.

Artigos relacionados

Back to top button