CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O escudo e a bandeira de San Xoán de Río, aprobados pola Comisión de Heráldica

 

Nesta mañá a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidía a reunión anual da Comisión de Heráldica na que se aprobou o escudo e a bandeira do concello ourensán de San Xoán de Río. No encontro desta mañá, a comisión tamén informou favorablemente á proposta do Concello de Betanzos para a modificación do seu escudo e acordou aprobar e enviar as propostas heráldicas aos concellos de Oia, Soutomaior, Punxín, Gondomar e Mugardos, así como á Entidade Local Menor de Morgadáns (Gondomar).

 

Ademais, na reunión examinouse o estado de tramitación dos expedientes de escudos e bandeiras do Carballiño, Rodeiro e Alfoz. Polo que respecta aos novos símbolos do Concello de San Xoán de Río, serán oficiais unha vez que sexan aprobados polo Consello da Xunta.

 

 

A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta de Galicia adscrito á consellería competente en materia de réxime local, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, sendo a encargada de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas. Ademais, poderá elaborar as correspondentes propostas para a modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras daquelas corporacións locais que así o soliciten, sen ningún cargo para a entidade local interesada.

Artigos relacionados

Back to top button