CulturaCulturaÚltima hora

O escultor Adolfo Fernández Dafonte expón en Allariz

A mostra de esculturas estará aberta do 7 ao 29 de novembro na Fundación Vicente Risco
Esculturas de Adolfo Fdez. Dafonte.
Esculturas de Adolfo Fdez. Dafonte.

O escultor Adolfo Fernández Dafonte traballa o barro coas mans e as súas obras son “figuras representativas das mulleres e dos homes do rural galego, a realizar as súas tarefas agrícolas, moitas delas xa desaparecidas…”

Unha mostra desas figuras que forman parte da exposición “Oficios tradicionais da Galiza” poderá verse na Fundación Vicente Risco de Allariz entre o 7 e o 29 de novembro. A inauguración terá lugar o sábado día 7 ás 20:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button