OurenseÚltima hora

O escultor Álvaro de la Vega presenta en Ourense a súa exposición ‘Oxímoron. A árbore da vida’

A mostra, que pode verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel, é un relato da vía cotiá a través de 375 figuras en madeira

Inauguración da exposición de Álvaro de la Vega.

 

Desde este venres 21 de xaneiro e ata o próximo 13 de marzo o Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición Oxímoron. A árbore da vida, na que o escultor galego Álvaro de la Vega fai un relato sobre temas recorrentes e universais da vida cotiá a través de 375 figuras humanas realizadas no seu material preferido: a madeira.

A exposición, coa que o escultor volve a mostrar a súa obra en Ourense tras un longo paréntese, foi inaugurada esta tarde coa presenza do propio artista, acompañado pola deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, e o director do Centro Cultural, Francisco González.

Artigos relacionados

Back to top button