En portadaÚltima hora

O Especial Nadal do Periódico O SIL xa está na rúa

Ademais da programación festiva para estas datas nos diferentes concellos, nel abórdase de forma monográfica o sector galego da lousa

 

Nesta semana vén de saír á rúa o “Especial Nadal 2020” do Periódico O SIL, incrementando o seu número de páxinas (todas a cor), e cunha ampla e variada información sobre as diferentes actividades coas que se vai celebrar este Nadal tan atípico en diferentes concellos da Galicia interior: dende beléns, obradoiros, concertos, teatro ou cine ata as visitas do Pandigueiro ou dos Reis Magos. Tamén se inclúen interesantes artigos de opinión.

Ademais, cada ano neste número especial de Nadal acostúmase tratar un tema de forma monográfica. Nesta ocasión é a lousa e o que significa o seu sector tanto para as comarcas de Valdeorras e Quiroga, como para a economía provincial e mesmo galega. Partimos das singularidades e valores desta pedra natural, fálase do seu uso dende a antigüidade ata hoxe, ademais de como foi xurdindo e desenvolvéndose ata hoxe a súa estrutura empresarial, actualmente representada no Clúster da Pizarra de Galicia. Amósase o que significa o seu sector en termos económicos, de emprego, de xeración de valor engadido, etc.

Artigos relacionados

Back to top button