ConcellosO BarcoÚltima hora

O “Especial Santa Rita” do Periódico O Sil, xa está na rúa

Publicidade

 

A vindeira fin de semana, do 22 ao 24 de maio (este último día será festivo local) O Barco de Valdeorras celebrará, aínda que dun xeito diferente pola situación sanitaria, as festas na honra a Santa Rita. No marco destas celebración tan especial para os barquenses o Periódico O Sil vén de poñer na rúa unha nova edición do monográfico en papel que, ao longo de 32 páxinas, inclúe as principais referencias tanto relixiosas, como lúdicas e deportivas destas datas, así como doutras ao longo do mes de maio.

No Especial Santa Rita de O Sil hai asemade entrevistas e diversas reportaxes. Non quedes sen el. Se non es subscritor, podes conseguilo nos quioscos e librerías do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button