Do 20 ao 23 de maio O Barco de Valdeorras celebrará as festas na honra a Santa Rita. E para seguir a programación día a día, o Periódico O Sil vén de poñer na rúa unha nova edición do monográfico que, ao longo de 32 páxinas, inclúe as principais referencias tanto relixiosas, como lúdicas e deportivas desta tradicional celebración barquense. Hai asemade artigos de opinión, entrevistas e diversas reportaxes.
Non quedes sen el. Á venda xa en quioscos e librarías do Barco.