CulturaCulturaÚltima hora

O espectáculo de teatro familiar “Cartoons”, o sábado na praza da Mercé de Verín

Cedida.

 

O vindeiro sábado 28 de agosto, ás 20:00 horas, a praza da Mercé de Verín o espectáculo teatral infantil “Cartoons”, interpretado e creado por Josito Porto e Víctor Mosquera que ten como eixo central a reciclaxe.

A arte poética de converter o lixo en bens de uso diario, tamén incide nas tres famosas “R” s do ecoloxismo: reducir, reutilizar, reciclar. E se o público infantil pode marabillarse con todos estes descubrimentos, imaxínense o público adulto que apenas lembra aquela omnipotencia imaxinativa que abandonaron ao abandonar a infancia.

A experiencia nos distintos rexistros cómicos dos creadores do espectáculo, a empatía e complicidade que conseguiron no espectáculo “Cranios privilexiados”, e as súas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para cantalo e tocar instrumentos, e mostrar as súas habilidades na área da maxia.

Artigos relacionados

Back to top button