CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O espectáculo de venda ambulante do Doutor Milagre recala no Malecón barquense

Esta actuación de teatro de rúa tiña lugar na tarde do 14 de setembro

 

Na tarde do 14 de setembro o público barquense tiña a oportunidade de probar os singulares produtos do Doutor Milagre. O seu vello autobús de venda ambulante chegaba ao Paseo do Malecón, e, tras aparcalo, ía amosando as posibilidades dos seus produtos contra a alopecia ou o decaemento. E non estaba só.

 

Foto cedida.

 

Así, “A tropa do Doutor Milagre” (Marcos Alonso, Bea Campos e Paulo Medal) poñía en escena un divertido espectáculo de teatro de rúa para todos os públicos, con moita música, xogos, baile e abundante humor. Esta obra de Educateatro enmarcada no programa cultural “O Cristo 2020”.

Fotos da galería: Ángeles Rodríguez, agás a última cedida.

 

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button