Os actores Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo interpretarán a obra este sábado 28, no auditorio
Este sábado 28 de maio, o Auditorio Municipal de O Carballiño será escenario da obra de teatro ‘Noiteboa’, un espectáculo que trae a compañía Redrum Teatro.
Protagonizada por Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, caras coñecidas na pequena pantalla galega, interpretarase nunha única sesión a partires das 18:30h.