CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O espectáculo “Os Bolechas e o amigo monte” este sábado no Teatro Lauro Olmo do Barco

A obra, pensada para nenos de 3 a 9 anos e as súas familias, comezará ás sete da tarde
Imaxe promocional de “Os Bolechas e o amigo monte”.

Os populares personaxes da literatura infantil galega creados por Pepe Carreiro chegan este sábado 19 de xuño ao Barco de Valdeorras para presentar o espectáculo “Os Bolechas e o amigo monte” no Teatro Lauro Olmo. Será con entrada libre, a partires das 19 horas para nenos e nenas de 3 a 9 anos e as súas familias.

Promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro do programa FalaRedes, trátase dun espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista que chegará a 21 entidades da Rede entre os meses de xuño e xullo deste ano, para concienciarán aos máis pequenos sobre a necesidade de coidar o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais.

O obxectivo é “fomentar, xunto á educación ecolóxica dos nemos, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión”. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade e establecerán un diálogo cos rapaces e rapazas acerca do monte, a súa fauna e a súa flora. Os participantes nesta actividade de dinamización lingüística obterán unha palabra clave que lles permitirá acceder ao web www.osbolechas.gal, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas…) e poderán participar en sorteos de lotes de libros.

Artigos relacionados

Back to top button