O ritual da queimada coa exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, do folclore galego e a exaltación da Ribeira Sacra. Son os eixos principais arredor dos que xira o espectáculo “Queiman Folki”, que tras a súa estrea onte en Santo Estevo, poderá verse esta noite a partir das 22h. na praza da Igualdade de San Xoán de Río.
“É un espectáculo cheo de paixón, sentimento, forza escénica, música Folk-celta, danzas, pirotecnia fría e moito lume”, como o define o Bruxo Queiman, quen defende “a transmisión da Historia a través das lendas da nosa cultura atlántica”.
Vídeos cedidos.