EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O esperado regreso da feira do día 7 en Fontei (A Rúa)

 

Tras catro meses sen poder celebrarse por culpa do coronavirus, a feira do día 7 regresaba esta mañá a Fontei (A Rúa). E facíao en domingo un día despois de coñecerse que o concello rues está libre de Covid-19.

Había ganas de feira, por iso, aínda que sen aglomeracións, a mañá que amencía nublada pero acababa sendo soelada, foi un constante goteo de xente, subindo pola rúa Telesforo Ojea ata a praza Enriqueta Casanova e baixando pola Padre Feijóo. Unha das medidas de seguridade e hixiene impostas dende o Concello para evitar posibles contaxios e controlada polos voluntarios de Protección Civil, encargados de avisar á xente de que hoxe as rúas eran de dirección única. E ao longo delas, coa separación indicada e todos os sistemas de hixente, colocados coma sempre os postos de alimentación, roupa, calzado ou plantas, sen esquecer os de polbo.

Nesta ocasión, tanto na rúa de subida como na de baixada á feira, había máquinas expendedoras de xel hidroalcohólico.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button